MARIA ARACELI VILLAR

MARIA ARACELI VILLAR
PROFESIONAL DE LA EDUCACIÓN Y ACTIVIDADES SOCIOCOMUNITARIAS

viernes, 8 de febrero de 2013

CANCIONES POPULARES GALLEGAS



A CAROLINA :

A saia da Carolina
ten un lagarto pintado;
cando a Carolina baila,
o lagarto dálle ó rabo.

Bailaches Carolina?
Bailei, si señor.
Dime con quen bailachse.
Bailei co meu amor (tres veces)
Bailaches Carolina?
Bailei, si señor.

A Carolina é unha tola 
que todo o fai ó revés,
vístese pola cabeza 
e díspese polos pés.

Bailaches Carolina?
Bailei no cuartel.
Dime con quen bailachse.
Bailei co coronel (tres veces)
Bailaches Carolina?
Bailei, no cuartel.

O señor cura non baila
porque ten unha coroa.
Baile, señor cura, baile,
que Deus todo llo perdoa.

Bailaches Carolina?
Bailei, abofé.
Dime con quen bailaches.
Bailei co meu Xosé (tres veces)
Bailaches Carolina?
Bailei, abofé.

No curro da Carolina
non entra carro pechado,
namais entra a Carolina
co seu cocho polo rabo.

Bailaches Carolina?
Bailei, si señor.
Dime con quen bailaches.
Bailei co meu amor. (tres veces)

Co teu amor, Carolina,
non volvas a bailar,
porque che levanta a saia
e é moi mala de baixar. BIS


O ANDAR MIUDIÑO 

Éche un andar miudiño, 
miudiño, miudiño,
miudiño, miudiño, BIS
o que eu traio.

Que eu traio unha borracheira
de viño, que auga non bebo.

Mira, mira Maruxiña;
mira, mira, como eu veño.

Éche un andar miudiño...


O GATO  (Historia da cantiga)

Xuntáronse catro un día,
os millores deste barrio,
mataron un gato a tiros
e o meteron nun saco.

Vai o gato metido nun saco,
vai o gato prá terra da Laxe;
vai o gato metido nun saco,
ai, gatiño! xa non volve máis.

Que mal lles parecería
a calquera deses catro,
que os meteran nun saco
como meteron o gato.

Vai o gato...

Aquel gato era un artista,
traballaba na ribeira,
agora é un bañista 
na praia da Castiñeira

Vai o gato...


CATRO VELLOS MARIÑEIROS 

Catro vellos mariñeiros, BIS
todos metidos nun bote.
Boga, boga, mariñeiro,
imos pra Viveiro,
xa se ve San Roque. BIS

Ailalelo ...

Os mariñeiros traballan BIS
de noite coa luz da lúa.
Dá gusto velos chegare
pola mañá cedo
cheirando a frescura. BIS

Ailalelo ...

Levo sardiña e bocarte, (traio sardiña e bocarte) 
vendo xurelo pequeno. (tamén xurelo pequeno) 
Rapaciña de Viveiro
ven buscar o lote
do teu mariñeiro BIS

Ailalelo ..


VEN BAILAR CARMIÑA 

Ven bailar Carmiña, / has bailar comigo
Carmiña, Carmela,
con zapato branco, / con zapato baixo
con media de seda,
con media de seda
de seda calada, / e media calada
ven bailar Carmiña, / has bailar Carmiña
miña namorada.

Os zapatos piden medias,
as medias piden zapatos,
as raparigas bonitas / as rapaciñas de agora
piden rapaciños guapos.

Ven bailar Carmiña,...

Catro cousas hai no mundo
que revolven o sentido
amar e non ser amado,
querer e non ser querido.

Ven bailar Carmiña,...

Ó son da miña gaitiña
as nenas hei de levare,
e as tontiñas sonche elas
que se deixan enganare.

Ven bailar Carmiña,...

Aí che vai meu corazón 
se o queres matar ben podes,
pero como ti vas dentro
tamén se ti o matas morres.

Ven bailar Carmiña,... 


AMORIÑOS COLLÍN 

Amoriños collín
na beiriña do mar,
amoriños collín
non os poido olvidar;
non os poido olvidar
non os poido olvidar,
amoriños collín
na beiriña do mar

SE VAS Ó SAN BENITIÑO

Se vas ó San Benitiño BIS
non vaias ó de Paredes,
que hai outro máis milagreiro BIS (que é moito máis milagreiro) 
San Benitiño de Lérez. BIS

San Benitiño do ollo redondo
hei de ir alá, miña nai, se non morro
e hei de levar unha bota de viño
e unha bola de pan para o camiño.

A que lle foron armare, 
ó San Benito de Lérez,
a que lle foron armare
que tiña un bo viño mosto BIS
debaixo do seu altare.

San Benitiño...

As de Marín e Placeres.
As mociñas de Combarro
As de Marín e Placeres
van de troula pola ría
van de troula pola ría
ó San Benito de Lérez

San Benitiño...


O PARAUGAS DO XOSÉ 

O paraugas do Ghosé
é un paraugas moi malo
si le caen cuatro gotas...
ya se le humedece el palo.
Y por eso una mulata,
por muy mojada que esté,
non se pondría debajo...
do paraugas do Ghosé

E o que é meu é meu e é meu
e o que é meu é meu e é teu
que non quero que andes dicindo,
que tumba que dálle,
que tal que sei eu


A RIANXEIRA

Ondiñas veñen,
ondiñas veñen,
ondiñas veñen e van.
Non te vaias rianxeira, (non te embarques rianxeira) 
que te vas a marear.

A Virxe de Guadalupe
cando vai pola ribeira, BIS
descalciña pola area,
parece unha rianxeira. BIS

Ondiñas veñen...

A Virxe de Guadalupe
cando vai para Rianxo, (cando veu para Rianxo) 
a barquiña que a leva (a barquiña que a trouxo) 
era de pau de laranxo.

Ondiñas veñen...

A Virxe de Guadalupe
quen a fixo moreniña BIS (quen te puxo moreniña) 
foi un raíño de sol
que entrou pola ventaniña BIS

Ondiñas veñen...


APAGA O CANDIL 

Apagha o candil, Marica, chus, chus,
apagha o candil que ten moita lus,
que ten moita lus, moita claridá,
apagha o candil e chéghate alá.

Pasei pola túa porta e mirei polo ferrollo,
a lara da túa nai meteume un pau por un ollo,
meteume un pau por un ollo, ailalelo, ailalalo.

Apagha o candil...

A túa nai é chiculate,
o teu pai chiculateiro,
a túa nai lambe as cazolas,
o teu pai lambe os pucheiros, 
o teu pai lambe os pucheiros, 
ailalelo, ailalalo

Apagha o candil...

Andivécheste alabando que eu morría por ti
e que morro non é certo pero que che quero si
ailalelo, ailalalo

Apagha o candil...


CANTIGAS DE PONTEVEDRA

Pontevedra de corales,
Lugo da coor do aceiro,
Pontevedra de corales,
Ourense de limoeiros,
A Coruña de cristales, BIS

Ai lalelo, ai lalalo.

Polo mar abaixo vai unha sartén,
vai fritindo peixes, han de saber ben.
Han de saber ben, han de saber ben,
polo mar abaixo vai unha sartén.

Dá de beber a quen pasa,
Pontevedra é boa vila,
dá de beber a quen pasa,
a fonte na Ferrería
San Bartolomeu na Praza,
San Bartolomeu na Praza,

Ai lalelo, ai lalalo.

Polo mar abaixo vai unha sartén...

Ten unha pipa no monte
San Antonio da Caiera,
ten unha pipa no monte.
As mulleres beben viño,
os homes auga da fonte, BIS

Ai lalelo, ai lalalo.

Polo mar abaixo vai unha sartén...

E mulleres con mulleres,
ó bailar homes con homes
e mulleres con mulleres
é como a gaita sen foles
e o tambor sen cordeles.

Ai lalelo, ai lalalo.

Polo mar abaixo vai unha sartén...


EÍ VEÑEN

Aparta, loureiro verde, deixa clarexar a lúa BIS
se non vexo os meus amores, non vexo cousa ningunha. BIS

Ei veñen, ei veñen, ei veñen, ei van, 
sardiñas fresquiñas de pola mañán,
de pola mañán, de pola mañán, 
ei veñen, ei veñen, ei van.

Prende salgueiriño, prende, beira da fonte pequena BIS
tamén meus ollos prenderon no corazón dunha nena BIS

Ei veñen, ei veñen,...

Canta ti, cantarei eu, beira da fonte pequena BIS
Ante quen tivese amores, porque os meus vanse acabando. BIS

Ei veñen, ei veñen


CANTIGAS VARIAS

San Antón, San Antoniño,
o santo máis queridiño,
San Antón, San Antoniño,
dá me forza no carácter,
como ó porco no fuciño.

...

Que ben fixeron teus pais en facerche custureira
cando chove non te mollas BIS
cando fai sol non te queimas.

...

Teño unha morena alá en Viascón,
teño outra na Puebla e outra en Marcón
e outra en Marcón, e outra en Marcón,
teño unha morena alá en Viascón.

...

Nena que vénde-las peras, (2 veces) 
cantas che mandaron dar,
para ti, meu queridiño (2 veces) BIS
non mas mandaron contar
ailara...

...

Dáme o que che pido nena
que non che pido diñeiro,
dáme a túa ovella negra
pra xuntare ó meu carneiro BIS
Ailelelo...

...

E ti telo, telo, non o queres dar,
pra despois de vella podelo salgar,
podelo salgar, podelo salgar,
e ti telo, telo, non o queres dar,
ailelelo...

...

Vivir na Coruña que bonito é,
andar de baranda e dormir de pé,
e dormir de pé, e dormir de pé,
vivir na Coruña que bonito é.

...

Se vas ó convento de Herbón
mira pró lado dereito
verás o San Benitiño
botando auga polo peito BIS
Ailalelo

E se unha perna teño aquí
e outra no teu tellado
mira se te quero nena 
que estou escarranchado BIS
Ailalelo

...

O carballo da Portela abanea e non cae,
así fai a boa nena que se guía por seu paie,
así fai a boa nena que se guía por seu paie

...

Se mo deches non mo deras,
eu pedir non cho pedín, 
déchesllo a quen quixeches,
quéresmo cobrar a min.

...

Non teñas tanta fachenda, 
non botes tanto por ela
anque te-la casa grande
pága-la renda por ela.


O SANCRISTÁN DE COIMBRA 

O Sancristán de Coímbra
facía de mil diabluras: BIS
mollaba o pan en aceite,
deixaba os santos a escuras BIS

E bate fado e bate ben,
ti ére-la causa do meu desdén BIS

O mar tamén ten amores,
o mar tamén ten muller. BIS
Está casado coa area,
Dálle bicos cantos quer. BIS

E bate fado........ BIS

Eu quixera ser merliño
e te-lo bico encarnado BIS
para face-lo meu niño
no teu cabelo dourado. BIS

Tirei unha laranxiña
no medio de Portugal BIS
a quen lle foi a batere? 
á filla dun xeneral BIS

Miña nai xa non me deixa
levar o leite a Coimbra BIS
porque dicen os rapaces:
ai, que leiteira máis linda! BIS

E bate fado.... BIS


LÉVAME 

Lévame, lévame, lévame,
lévame á beira do mar,
nunha noite prateada,
noite dun craro luar.

Lévame, lévame, lévame,
lévame á beira do mar,
lévame, meu queridiño: BIS (lévame, meu mariñeiro) 
eu tamén quero bailar.
Quero bailar, quero bailar, 
quero bailar, quero bailar.

Onde vas, meu queridiño?
Onde vas, meu caravel?
Vou buscar berberechiños
para darlle ó meu querer BIS
para darlle ó meu amor.
Onde vas, meu queridiño?
Onde vas meu corazón?

Lévame,lévame, lévame,
lévame á beira do mar,
lévame, meu queridiño: BIS (lévame, meu mariñeiro) 
eu tamén quero bailar.
Quero bailar, quero bailar, 
quero bailar, quero bailar
en Vilagarcía


VELAÍ VAI

Velaí vai, velaí vai, a rapaza polo río,
sen comer e sen beber, toda cheíña de frío,
toda cheíña de frío, toda chea de dolor,
velaí vai, velaí vai, polo río xa pasou.

Á vista de tanta xente.
Chamáchesme moreniña, á vista de tanta xente
e agora vaime quedare moreniña para sempre.
Moreniña para sempre, ailalelo, ailalalo!

Viñeches ás nove e media.
Quedaches de vir ás nove, viñeches ás nove e media,
ti non sabes que é pecado enganar a unha morena,
enganar unha morena, ailalelo, ailalalo!

Eu teño un canciño bonito abofé
que baila a muiñeira na punta do pé,
na punta do pé, erguidas as mans, (na punta do pé dá un pincho pra tras) 
eu teño un canciño que baila ao serán (e baila a muiñeira do chascarraschás)

la, la, la, la..

Velaí vai, velaí vai, a


TEÑO UN AMOR EN RIANXO/VENTO MAREIRO

Teño un amor en Rianxo e outro en Vilagarcía,
para ve-los meus amores, teño que cruza-la Ría,
teño que cruza-la Ría, teño que cruza-la Ría,
teño un amor en Rianxo e outro en Vilagarcía.

Non lle temas, mariñeiro, ó ventiño do mar,
que co vento mareiro dá mellor navegar.
Se navegas pola ría de Rianxo verás
as estrelas e a lúa darlle bicos ó mar.

Lévalle no teu peteiro, gaivotiña voa, voa,
lévalle no teu peteiro unha cartiña de amores
pró meu amor rianxeiro ( 3 veces)
gaivotiña voa, voa, lévalle no teu peteiro.

Non lle temas, mariñeiro.....

Vai pola noite a escoitar.
Cando vaias a Rianxo vai pola note a escoitar
as estrelas e a lúa os biquiños que se dan; ( 3 veces)
cando vaias a Rianxo vai pola noite a escoitar.

Non lle temas, mariñeiro.....

Collín a dorna en Rianxo
Collín a dorna en Rianxo, fun a Padrón pola Ría,
da terra de Castelao á de Cela e Rosalía,
á de Cela e Rosalía, á de Cela e Rosalía,
collín a dorna e Rianxo, fun a Padrón pola Ría.

Non lle temas, mariñeiro.... 


ARROZ CON CHÍCHAROS

O primeiro no amor sonche os bicos,
o segundo beliscos pequenos,
o terceiro ben achegadiños
e ó remate sonche os nenos BIS

Arroz con chícharos, patacas novas,
repolos de Betanzos e mais cebolas
e mais cebolas e mais cebolas, 
arroz con chícharos, patacas novas

Se o teu mozo che pide aquel conto
e por el che fai un xuramento,
non llo deas, nena, non llo deas, 
que o xurar lévacho o vento BIS

Arroz con chícharos, patacas novas...


CANTIGA DA CAÑIZA

Non te namores, meniña, meniña non te namores
non te namores, meniña, das palabriñas dos homes.

Tres días hai que non como senón bágoas con pan
así son os desenganos que os meus amores me dan.

Dille que suspiro e choro, dille que vivo morrendo,
dille que se compadeza do mal que estou padecendo.



ALALÁ DAS MARIÑAS 

Teño unha casiña branca na Mariña entre loureiros,
teño paz e teño amor e estou vivindo no ceo.

Ailalala, ailalala..

E adiós á miña casiña, portelo do meu quinteiro,
auga da miña fontiña, sombra do meu laranxeiro

Ailalala, ailalala..


NOS CANEIROS (Ai, Pepiño adiós)

Ai Pepiño, adiós, ai Pepiño, adiós,
ai Pepiño, por Dios non te vaias,
non te vaias afogar á praia,
como nos pasou a nós 
e havos de pasar a vós.

Ai Sálvora, ai San Vicente, BIS
as nenas bonitas hainas en Ourense. (as nenas bonitas hainas en Mourente)

Ai Pepiño, adiós, ai Pepiño, adiós,...

Ai Sálvora, ai San Vicente
Ai Sálvora, adiós Mourente
Ai Sálvora, ollos da ría 
para boas mozas, en Vilagarcía BIS

Ai Pepiño, adiós, ai Pepiño, adiós,...

Ai Sálvora, vento norteiro.
Ai Salvora, meu compañeiro,
Ai Sálvora, vento ventiño
xa están as rapazas na punta de Aguiño BIS


NA BEIRA DO MAR

Ollos verdes son traidores, BIS
azules son mentireiros,
os negros e acastañados
son firmes e verdadeiros. BIS

Na beira, na beira, na beira do mar
hai unha lanchiña pra ir a navegar BIS

Hoxe vinte pasar a ría BIS
cuns zoquiños de madeira,
ías tan remangadiña
ó pasar pola ribeira BIS

Na beira, na beira, na beira do mar
hai unha lanchiña pra ir a navegar BIS

Cinco sentidos che temos, BIS
os cinco necesitamos 
pero os cinco perdemos
en canto nos namoramos

Na beira, na beira, na beira do mar
hai unha lanchiña pra ir a navegar BIS



OS DE MARÍN (Polo mar abaixo)

Nosa Señora do Carme
que nos dea o vento en popa BIS
que somos os de Marín
e levamos a vela rota BIS

Polo mar abaixo 
vai unha troita de pé 
corre que te corre
quen a puidera coller BIS
quen a puidera pillar 
Polo mar abaixo 
vai unha troita de pé


A VIRXE DA BARCA

Veño da Virxe da Barca,
da Virxe da Barca veño, 
veño de abala-la pedra, 
de abala-la pedra veño.
Díxenvos unha mentira, 
veño de abala-la pedra, 
veño de abala-la grande, 
que a pequena abala ela,

Nosa señora da Barca 
ten o tellado de pedra,
ben a puidera ter de ouro, 
miña Virxe se quixera.
Nosa señora da Barca 
ten un teito bo de pedra; 
di a campana na volta: 
¡cantas voltas vai dar ela! A miña Virxe da Barca, 
para o ano hei de volver 
que me quedou a mantilla 
no altar por recoller


PAXARIÑO

Con piñeiros de arredor, 
teño unha casa no monte 
con piñeiros de arredor, 
unha fonte e un salgueiro, 
miña nena, 
onde canta o reiseñor. 
Unha fonte e un salgueiro, 
miña nena 
onde canta o reiseñor. 
Aquel paxariño 
era bonitiño, 
da beira do Miño. 
- ¿e como lle chaman? 
- chámanlle Pepiño. 
- que bonito nome 
ten o paxariño!

Paxariños que alegres cantades 
polas follas dos loureiros 
e subides polos ameneiros 
a busca-la raiola do sol. 
Non sexas tan presumida. 
se queres casa-la filla 
non sexas tan presumida. 
Non te deixes enganar 
miña nena, 
se queres ser prendida. 
non te deixes enganar 
miña nena, 
se queres ser prendida


RODABALLO

Nunha lancha de Marín
coa proa de carballo, BIS
catro rapaces da Pobra
ui, ai, ai
roubaron un rodaballo.BIS

Mala chispa te coma,
mala chispa che dea, 
mala chispa te trague,
ai, ai, ié. BIS a estrofa

O patrón que os mandaba
tamén era de Marín BIS
e díxolle ao rodaballo:
ui, ai, ai
moito miras para min! BIS

Mala chispa...

Fórono vender á lonxa
e con moito disimulo BIS
e quen o foi a comprar
ui, ai, ai
a filla do Cachirulo! BIS

Mala chispa ...

Aquí se acaba a historia
deste peixe rodaballo BIS
que por non haber aceite,
ui, ai, ai,
houbo que comelo asado. BIS

Mala chispa...


EU DE MARÍN AUSENTEIME

Eu de Marín ausenteime
moi lonxe fun a vivir, (me fun vivir)
pasei a vida chorando
e suspirando, Marín, por ti BIS

Eu non sei cantar,
eu non sei reír,
sen os airiños da ría,
eu non sei cantar, eu non sei reír;
sen os airiños da ría
eu non sei cantar, eu non sei reir. BIS


MIÑA NAI, MIÑA NAICIÑA

Miña nai, miña naiciña, (2 veces)
como a miña non hai ningunha,
que me quentou a cariña (2 veces)
co calorciño da súa.

Tamén eu choro, tamén eu choro
cando non me alumean, meu ben,
eses teus ollos.
Tamén eu choro, tamén eu choro,
cando non me alumean meu ben,
eses teus ollos.

Miña nai como é tan pobre
cando non ten que me dar
éncheme a cara de bicos
e despois rompe a chorar.

Tamén eu choro...

Miña nai, miña naiciña,
miña nai do corazón,
moitas nais hai polo mundo,
pero coma a miña non.

Tamén eu choro...


PARA VIR A XUNTA MIN

Para vir a xunta min, para vir a xunta min,
vai lava-la cara, vai lava-la cara, galopín!

Miña nai por me casare, ofreceume canto tiña,
agora que estou casado, pagoume cunha galiña,
pagoume cunha galiña, ailalelo, ailalalo!

Para vir a xunta min, para vir a xunta min,
vai lava-la cara, vai lava-la cara, galopín!

Túa nai e mais a miña quedan no río berrando
por culpa dunha galiña, que ten amores cun galo,
que ten amores cun galo, ailalelo, ailalalo.

Para vir a xunta min, para vir a xunta min,
vai lava-la cara, vai lava-la cara, galopín!

Eu queríame casare, miña nai non teño roupa 
casa, miña filla, casa, que unha perna tapa a outra.

Para vir a xunta min, para vir a xunta min,
vai lava-la cara, vai lava-la cara, galopín!

Eu queríame casare, miña nai dime que é cedo, 
ela como está casada, non sabe as ganas que eu teño.

Para vir a xunta min, para vir a xunta min,
vai lava-la cara, vai lava-la cara, galopín!


E PRA QUE NON DIGAS

E pra que non digas que tal e que cal
que foi e non foi, que tal que sei eu,
eu aló non fun, ela aquí non veu,
nin eu llo pedín, nin ela mo deu.

Maruxiña, dáme un bico
que che hei de dar un pataco,
non quero bicos dos homes
que me cheiran a tabaco.

E pra que non digas...

Maruxiña do forneiro
se coceras faime un bolo,
se mo fas, faimo de millo,
que eu de trigo non cho como.

E pra que non digas...

Maruxiña, ti é-lo demo,
sempre me andas atentando,
foi do couce dunha pulga
que é un mal desesperado.

E pra que non digas...


EU NON SEI QUE TEN A MORENA

Eu non sei que ten a morena,
eu non sei que a morena ten,
eu non sei que ten a morena,
que xa todos lle queren ben.

Eu non sei que pasou no muíño,
eu non sei que debeu de pasar, 
desde entón Maruxiña está triste,
desde entón non fai máis que chorar.

Eu non sei que ten a morena ...

Fun ó muíño con Paula, BIS
fun ó muíño con ela, 
ela durmiu nos meus brazos,
eu durmín nos brazos dela. BIS
ailalelo, ailalalo.

Heicho de dar se mo dás, queridiño,
heicho de dar se mo dás, xa verás, 
heicho de dar con dúas cunchiñas,
pra que lle toque-lo chascarraschás.

Heiche de da-lo boi branco e maila vaca marela
e maila filla máis nova pra que te deites con ela,
pra que te deites con ela, ailalelo, ailalalo 
e no medio e no medio da ría
ó compás, o compás do cantare
o ventiño que viña de lonxe
íalle á ventana petare 
íalle á ventana petare
ailalelo, ailalelo, ailalalo.

Coitadiño do que chora, coitadiño, coitadiño,
cando as penas son grandes non se poden botar fóra,
non se poden botar fóra, ailalelo, ailalelo, ailalalo.
e no medio e no medio da ría
ó compás, o compás do cantare
o ventiño que viña de lonxe
íalle á ventana petare 
íalle á ventana petare
ailalelo, ailalelo, ailalalo.


TOLEACHES POLA PENEIRA

Vente vindo BIS
que eu tamén me vou andando,
fixen a cama na folla,
o vento vaima levando BIS
ailalelo, ailalalo.

Toleaches pola peneira,
toleaches por peneirar,
toleaches por ter amores,
toleaches por te casar. (3 veces)

O paxaro cando chove BIS
mete o rabo na silveira,
así fan as boas mozas
cando non hai quen as queira BIS 
ailalelo, ailalalo.

Toleaches pola peneira...


PORQUE SON DA MARIÑA

Non te cases cun ferreiro que é moi malo de lavar, BIS
cásate cun mariñeiro que vén lavado do mar,
que vén lavado do mar, ailelelo, ailalalo.

Porque son da Mariña son mariñán
e o fungueiro do carro lévoo na man,
levo na man morena, levo na man,
porque son da Mariña son mariñán.

Co aro dunha peneira miña nai deume unha tunda,
co aro dunha peneira miña nai teña vergonza,
que vén a xente da feira, que vén a xente da feira
ailalelo, ailalalo.

Porque son da Mariña son mariñán ...


PANDEIRADA

A raíz do toxo verde, (2 veces)
é moi mala de arrincare,
os amoriños primeiros, (2 veces) 
son moi malos de olvidare.

Ailará, ailaralá,
escomencemos a pandeirada
escomencemos o baile xa!

Unha vella díxolle a outra (2 veces)
polo burato da porta:
ti goberna a túa vida (2 veces) 
que a miña nada che importa.

Ailará, ailaralá...

A miña muller morreume (2 veces)
e enterreina no palleiro,
deixeille un brazo fóra (2 veces)
pra que tocara o pandeiro

Ailará, ailaralá...

Miña nai e maila túa (2 veces)
quedan no río berrando
por culpa dunha galiña (2 veces)
que ten amores cun galo.

Ailará, ailaralá...


MORENIÑA POR MORENA

Moreniña por morena BIS 
téñoche o ollo botado,
has de ser miña mullere
ou non hei de ser casado BIS
Ailalelo, ai...

Eu teño un canciño bonito abofé
que baila a muiñeira na punta do pé,
na punta do pé dá un pincho pra tras
e baila a muiñeira do chascarraschás

Miña sogra cando roña BIS
ponse no medio da casa
ela di que voume, voume
e de marchar nunca se acaba, BIS
ailalelo, ai...

Eu teño un canciño bonito...

Ten coidado Maruxiña, BIS
cando te vaias pra a cama,
non che vaia vi-lo trasno
e che faga unha trasnada, BIS
ailalelo, ai...

Eu teño un canciño bonito...

Nós aquí e vós de aí, BIS
somos tantos coma vós,
nós comemos o carneiro
e os cornos son para vós. BIS

Eu teño un canciño bonito


EU NAMORAR EU NAMOREIME

Eu namorar, eu namorar, eu namoreime,
eu namoreime na beira do mar,
enguedellar, enguedellar, enguedelleime,
enguedelleime na beira do mar.

Eu namoreime dunha rapaciña,
xa non me puiden desenamorar.

Eu namorar...

Enguedelleime dunha rapaciña,
xa non me puiden desenguedellar.

Eu namorar...


ÁRDELLE O EIXO

Non me toques no refaixo BIS
e se me queres tocare
méteme a man por debaixo BIS
ailalelo, ailalalo

Árdelle o eixo, árdelle o carro,
árdelle o eixo, hai que mollalo,
hai que mollalo, hai que mollalo
árdelle o eixo, árdelle o carro.
árdelle o eixo, árdelle a buxa
móllao no río pra que non fuxa,
pra que non fuxa, pra que non fuxa
árdelle o eixo, árdelle a buxa)

Como te colla no prado
como te collín máis veces
heiche de meter no corpo
herba para nove meses,
ailalelo, ailalalo

Árdelle o eixo, árdelle o carro ...

Ai se queres que o carro cante, 
ai móllalle o eixo no río
e despois do eixo mollado,
ai canta coma un asubío,
ailalelo, ailalalo

Árdelle o eixo, árdelle o carro ...

Ai para cuñas pau de toxo,
ai para eixo do carballo,
ai para contenta-las nenas,
ai a cabezalla do carro
ailalelo, ailalalo

Árdelle o eixo, árdelle o carro ...

Ai o río cando vai cheo,
ai leva carballos e follas,
ai tamén podía levare,
ai as linguas marmuradoras,
ailalelo, ailalalo

Árdelle o eixo, árdelle o carro ...


UNHA NOITE NO MUÍÑO

Unha noite no muíño, unha noite non é nada
unha semaniña enteira, esa si que é muiñada

Deus cho pague churrusqueira
téñocho que agradecer
cando vou ao teu muíño
sempre me deixas moer BIS
Deus cho pague churrusqueira

Túa nai por me casar, teu pai por me dar o dote
armaron unha porfía, rompéronlle os pés ó pote


O QUER QUE LLE QUER 

E quer que lle quer (3 veces)
que lle fagan a cama,
e quer que lle quer (3 veces)
que lla fagan ben baixa.

Xesús, que diaño de vella,
Xesús, que cousiñas ten,
e quer que lle quer que lle fagan a cama
e quer que lle quer se deiten con ela tamén.

E quer que lle quer (3 veces)
que lle ricen o pelo,
e quer que lle quer (3 veces)
que lle metan relleno.

Xesús, que diaño de vella,
Xesús, que cousiñas ten,
e quer que lle quer que lle ricen o pelo 
e quer que lle quer que lle laven as pernas tamén.


SE TE CASAS EN OURENSE

Se te casas en Ourense pídelle a proba primeiro BIS
da cacheiriña do porco e o bon viño do Ribeiro BIS

Se vas ó Ribeiro, ó Ribeiro de Avia, 
se vas ó Ribeiro, vai por Ribadavia,
vai por Ribadavia, ven por Ventosela,
que hai unha neniña que dá xenio vela,
que dá xenio vela, dá noxo mirala, 
se vas ó Ribeiro vai por Ribadavia.

Se me queres por amigo, dáme viño do Ribeiro,
pantrigo de Ribadavia, nenas do Chan de Amoeiro.

Se vas ó Ribeiro, ó Ribeiro de Avia,


CAMARIÑAS 

Ó pasar por Camariñas, por Camariñas pasei cantando.
As nenas de Camariñas quedan no río, quedan no río lavando.


Camariñas, Camariñas, ai que xa me vas camariñando.
Por unha de Camariñas vivo no mundo, vivo penando.

Miña Virxiña do Monte, que ós mariñeiros sempre vixilas!
Non permitades que morra lonxe da terra, da terra miña!


CARBALLEIRA DE SAN XUSTO

Carballeira de San Xusto, Carballeira de ramada (enramada) 
naquela carballeiriña, perdín a miña navalla BIS
ailalelo, ailalalo

Perdín a miña navalla, máis valera non perdela,
fíxenme de alí veciño e casei con Rafaela
ailalelo, ailalalo

Carballeira de Tenorio, heina de mandar cortare
cando vou pra Pontevedra, non deixa ve-lo mare 
ailalelo, ailalalo



ROMANCE DE DON GAIFEROS

I onde vai aquil romeiro, meu romeiro a donde irá,
camiño de Compostela, non sei se alí chegará.
Os pés leva cheos de sangue, xa non pode máis andar,
malpocado, probe vello, non sei se alí chegará.
Ten longas e brancas barbas, ollos de doce mirar,
ollos gazos leonados, verdes como a auga do mar.

-I onde ides meu romeiro, onde queredes chegar?
Camiño de Compostela donde teño o meu fogar.
-Compostela é miña terra, deixeina sete anos hai,
relucinte en sete soles, brilante como un altar.
-Cóllase a min meu velliño, vamos xuntos camiñar,
eu son trobeiro das trobas da Virxe de Bonaval.
-I eu chámome don Gaiferos, Gaiferos de Mormaltán, 
se agora non teño forzas, meu Santiago mas dará.

Chegaron a Compostela, foron á Catedral,
Ai, desta maneira falou Gaiferos de Mormaltán:

-Gracias meu señor Santiago, aos vosos pés me tes xa,
si queres tirarme a vida, pódesma señor tirar,
porque morrerei contento nesta santa Catedral.

E o vello das brancas barbas caíu tendido no chan,
Pechou os seus ollos verdes, verdes como a auga do mar.
O bispo que esto oíu, alí o mandou enterrar
E así morreu señores, Gaiferos de Mormaltán.

Iste é un dos moito miragres que Santiago Apóstol fai


A COSTUREIRA 

Costureiriña bonita,
onde tes os teus vestidos?
Téñoos na hucha gardados,
ai si, ai non,
para poñer os domingos.

Costureiriña bonita, 
dime onde tes a cama.
No poleiro das galiñas,
ai si, ai non,
nunha presiña de pallas.

Costureiriña bonita, 
dime onde tes o niño.
Nun carballo da Illana,
ai si, ai non,
no máis alto ramalliño.

Costureiriña bonita, 
onde gardas os melindres?
Téñoos na hucha gardados,
ai si, ai non,
para comer os domingos.

O amor da costureiriña
era papel e mollouse
e agora, costureiriña,
ai si, ai non,
o teu amor acabouse.

(Cantada por Fuxan os Ventos)


AS PACHOCAS

Que ben canta, que ben bailan aquelas catro pachocas, BIS
que ben cantan, que ben bailan, que ben menean as zocas. BIS
Aqueles que andan no baile ambos me parecen ben BIS
Ela parece unha rosa e el parece un carabel. BIS
Eu pedinllo a unha nena no porteliño do prado BIS
respondeume a picarona que estaba o campo mollado. BIS
Aquel páxaro non canta, seica non ten alegría BIS
non se fai cousa de noite que non se saiba de día. BIS

Vamos ruando meniña e vamos ruando a eito BIS
xa que levámo-la sona levarémo-lo proveito. BIS
Chégate aquí miña prima, ti nunha terra e eu noutra BIS
pra axudaresme a cantare a miña fortuna é pouca BIS

(Cantada por Fuxan os Ventos)


UNHA VELLA NO TEMPO DOS MOUROS

Unha vella no tempo dos mouros
fixo do cu unha praza de touros
e fixo ben, e fixo ben
no cu da vella non manda ninguén. 
ou
Unha vella no tempo dos mouros
fixo da cona una praza de touros
e fixo ben, e fixo ben
na cona da vella non manda ninguén.
Variantes: 
Unha vella por falta dun macho
meteu pola cona un mango dun sacho
e fixo ben, e fixo ben
na cona da vella non manda ninguén.
Unha vella no tempo dos celtas
fixo das tetas dúas metralletas
e fixo ben, e fixo ben
nas tetas da vella non manda ninguén.
Unha vella nos tempos de antes
fixo da cona un par de tirantes
e fixo ben, e fixo ben
na cona da vella non manda ninguén.
Unha vella nos tempos de agora
meteu polo cu unha rebarbadora
e fixo ben, e fixo ben
no cu da vella non manda ninguén.
Unha vella nos tempos de agora
fixo da cona unha lavadora
e fixo ben, e fixo ben
na cona da vella non manda ninguén.


UNHA VELLA DE NIGHRÁN

Unha vella de Nighrán
díxolle a unha de Perillo:
fagho eu máis cartos ca cona
que o Ferreiro co martillo

E funga, e funga, e funga
e fúngalle o carallo
e fúngalle o carallo
e o carallo funga e funga

Unha vella de Perillo 
díxolle a unha de Nighrán:
teño eu máis callos na cona
que o Ferreiro ten nas mans

E funga…..

(Cortesía de José Manuel A.)


O ESTRAPERLO

Que levas en esa saia
que tanto valor lle dás?
Levo garavanzos e fabas 
para ir estraperlar.

Con isto do estraperlo,
con isto de estraperlar ;
con isto do estraperlo,
nin Deus quere traballar.

Que levas nesas alforxas,
que tanto valor lle dás?
Levo café e azúcar
da raia de Portugal.

(Cantada por Fuxan os Ventos)


O VIRA VIRA

I

Veño da terra do ouro,
veño da terra dourada,
veño da terra dos homes
pero non veño casada.

Adiós, rapaciña, adiós;
eu para ti xa non era,
anque máis altos navíos
navegan con menos vela.

E vira, e vira
se non viro eu;
teu pai é meu sogro,
teu amor son eu.

Eu caseime por un ano
por saber que vida era;
agora o ano acabouse,
solteiriña quen me dera!

Dices que te vas, te vas,
xa te puideches ter ido;
se te foras hai un ano,
xa me tiñas esquecido. 
(Cantada por Fuxan os Ventos)

II

De Portugal me mandaran tres peras nun ramalliño,
estimaba de saber que me ten tanto cariño, 
o vira, o vira, o vira virou,
a volta do vira son eu quen a dou.

De Portugal me trouxeran unha camisa ben feita,
cun caravel encarnado na pulseira da man dreita,
o vira, o vira, o vira virou,
a volta do vira son eu quen a dou.

Portugal, non me namores, non me toque-la birola,
eu xa fun a Portugal, Portugal non me namora,
o vira, o vira, o vira virou,
a volta do vira son eu quen a dou.
(Cantada por Muxicas)



UAH, LARARALALA..... .

Viva a Cruña, viva Lugo, viva Ourense e Pontevedra BIS
e que vaian pró carallo os ladrós da nosa terra BIS

Uah, larara..

Este pandeiro que tocque por moito que repenique BIS
non teñas medo que rache que é de coiro de cacique BIS

Uah, larara..

Para peixe fresco Vigo, para chocos Redondela BIS
para camaróns Moaña, pra caciques Pontevedra BIS


ROMANCE DA RUFINA.

Ai, Rufina hermosa, e ti qué fas eí?
Tou gardando o gado; ben mo ves aquí
Ai, Rufina hermosa, e ti gárda-lo gado
Xa Dios me criouhe pra iste traballo
Ai, Rufina hermosa, e queres vir conmigo,
nises montes soia correche pelighro
Ai, Xesús divino! quen tal me desea,
querer que se perda a facenda allea
Non che digo eso, nin tal como eso,
dígoche que veñas a toma-lo fresco
A toma-lo fresco non vou, nin ireie,
vou gardar o gado, que o perdereie
O gado, Rufina, non che dea cuidado;
que se ti o perdes, eu irei buscalo
Ai, Xesús divino! seica ves oufano,
con mangas de seda gardar o meu gado
Mangas e vestidos teño de rompere,
Rufiniña hermosa por che dar pracere
Vaite daí, humano, non me deas pena,
que ha de vir meu amo traguerme a merenda
E se vén teu amo, en que te ocupaches,
veu un trobón de augha, ti que te abrighaches
Sei contar verdade, eu mentir non seie,
vou gardar o gado, que o perdereie
O que estás de bravo e de impertinente,
homes non son lobos que coman a xente
E se estou de bravo, fago moito benhe,
que se estou de bravo, todo me convenhe
Todo che convenhe, díghoche eu que nonhe,
linda, me has de tere no teu corazonhe
Vaite de aí, majo, non me deas tormento,
non te poido tere no meu pensamento
Xúroche, Rufina, á fe de quen sonhe
que ti es miña irmá, i eu teu irmau sonhe,
Se ti es meu irmau, e eu túa irmá sonhe,
de canto che dixen, pídoche perdonhe
Pídeme perdón; estache perdoado,
dáme a túa mau e ponte de acabalo
Xentiña de Fuga, garde o meu gado
que aí vai a Rufina co seu namorado



AI MARUXIÑA! 

Eu querer quéroche ben, eu téñoche admiración
quero casarme contigo, non mo quita o corazón,
non mo quita o corazón, non mo quita o corazón,
eu querer quéroche ben, eu téñoche admiración.

Ai Maruxiña, eu ben cho dicía,
que o andar de noite é unha tolería,
é unha tolería, é unha tolería,
ai Maruxiña, eu ben cho dicía.

Eu querer quéroche ben, …

Ai Maruxiña, non é nada malo
darlle un biquiño a un namorado,
a un namorado, a un namorado,
Ai Maruxiña, non é nada malo.

Eu querer quéroche ben, … 

Ai Maruxiña, detrás dun valado,
dáme un biquiño que non é pecado,
que non é pecado, que non é pecado,
ai Maruxiña, detrás dun valado.

Eu querer quéroche ben, … 

Ai Maruxiña, detrás dun codeso,
dáme un biquiño que eu ben cho merezo,
que eu ben cho merezo que eu ben cho merezo,
ai, Maruxiña, detrás dun codeso.

Eu querer quéroche ben, …

EU SON MARIÑEIRO 

Dous amores no meu peito viven para o meu pensare
o da mociña que quero i o do traballo no mare,
i o do traballo no mare, ai lalelo, ai lalala.

Eu son mariñeiro da beira do mar
teño unha lanchiña pra ir navegar,
pra ir navegar, pra ir navegar,
eu son mariñeiro da beira do mar.

Pra ser un bon mariñeiro tres condicións hai que tere,
coñece-lo mar i os barcos e non ter medo a morrere,
non ter medo a morrere, ai lalelo, ai lalala.

Eu son mariñeiro da beira …

Ai polo aire a gaivota, ai polo mare a gavela,
meu corazón namorado, vai onda ti, miña nena,
vai onda ti, miña nena, ai lalelo, ai lalala.

Eu son mariñeiro da beira …

ARREPIPÍ

Arrepipí, arrepipí, iso si que é gosare,
o metere e o sacare (cartos na Caixa de Aforros).

Pola parte de Castilla … fan as casiñas de barro
mais cando chove un pouquiño por alí
mais cando chove un pouquiño van as casas (ó carallo).

Arrepipí, arrepipí,…
Hoxe é un día de festa para min, dunha alegría toda,
pois acaban de dicirme por aí, pois acaban de dicirme
que se casa, que se casa a miña sogra.

Arrepipí, arrepipí, ...

Esta noite hei de ir alí, hai de ir aló,
neniña non teñas medo, déixame a porta trancada,
déixama, déixame a porta trancada cunha palla,
cunha palla de centeo.

Arrepipí, arrepipí, ...

VEXO VIGO, VEXO CANGAS

Vexo Vigo, vexo Cangas, tamén vexo Redondela,
vexo a Ponde de Sampaio, camiño de Pontevedra

Vexo Vigo, vexo Cangas, tamén vexo Redondela,
vexo a Ponde de Sampaio, camiño da miña terra.

REBOLA O PAI, REBOLA A NAI

Unha vella e mais un vello quixeron ir ver o mare
e cando o tiveron diante puxéronse a rebolare,
rebola o pai, rebola a nai, rebola a filla,
eu tamén son da familia, tamén quero rebolar;
rebola o pai, rebola a nai, rebola a filla,
eu tamén son da familia, tamén quero rebolar

As cotillas do meu pobo, as máis bravas do lugare
cando se dan con mociños, todas queren rebolar
rebola o pai, rebola a nai, rebola a filla,
eu tamén son da familia, tamén quero rebolar;
rebola o pai, rebola a nai, rebola a filla,
eu tamén son da familia, tamén quero rebolar
E xa que me preguntas que é eso de rebolare,
ti cala que xa me entendes e non me fagas falare

PANDEIRETADA 

E anda Manuel á ruada e anda Manuel á ruada
despois non vaias dicindo que non fan a foliada BIS
e aviva a gaita Pedriño que vai algo amortuxada
que as rapaciñas da Ulla quérena máis afinada BIS

Moito me doe a cabeza, moito me doe o pescozo
de mirar para o portelo por saber se vén meu mozo 
ai lalelo, ai lalelo, ai lalelo, ai lalala.

E o que non canta nin baila, que vén facer á ruada?
aprender catro mentiras pra contar pola somana BIS

E hoxe eiquí non hai cirolas, e hoxe eiquí non hai cirolas,
que polo que me parece bailan as mulleres solas,
ai lalelo, ai lalelo, ai lalelo, ai lalala.

E ó cura de Santo Estevo morreulle a besta rabela,
tódolos que aquí non canten leven o camiño dela

PANDEIRETADA 2 

Un vello e mais unha vella, ai, fixeron unha trasnada BIS
empezaron a brincare, ai, e quedaron na estacada BIS

Os vellos non valen pra certos traballos,
o demo os atenta meterse en fregados,
meterse en fregados mellor lles sería 
cun prato de papas quenta-la barriga.

Dúas vellas garuleiras, ai, andaban buscando home BIS
e dicíalle unha á outra: ai, xa escampará se non chove BIS

Os vellos non valen ...

Miña sogra ó peneirare, ai, todo o corpo sarandea, BIS
rabea por ter un home, ai, está caendo de vella BIS

Os vellos non valen ...

EU CASEIME CUNHA VELLA

Eu caseime cunha vella, ai, seica o demo me atentou, BIS
alá pola media noite, ai, na cama se esfurricou. BIS

Eu caseime cunha vella porque tiña o coiro duro, BIS
e os condenados dos ratos furáronlleme o bandullo. BIS

Unha vella fixo papas e o pote botoullas fóra, BIS
hai un ano que foi iso e aínda hoxe a vella chora. BIS

Agora xa non se usa matar as pulgas coa uña, BIS
métense nunha burata e dáselles cunha cuña. BIS

Eu caseime cunha vella por causa da pillarada BIS
e vai o demo da vella, trouxo dez nunha niñada. BIS


FOLIADA 

Amores non máis de un e aquel é ben estimado,
nin cabalo de alta silla, nin silla de alto cabalo,
nin silla de alto cabalo, ai lalelo, ai lalalo.

Aquela que vai alí, a do andar miudiño,
quen me dera ir con ela, pra lle ensina-lo camiño, 
pra lle ensina-lo camiño, ai lalelo, ai lalalo.

Cantan os galos, é día, meu amor érguete e vai,
como me hei de ir, queridiña, se non te podo deixar,
se non te podo deixar, ai lalelo, ai lalalo.

Canta, meu corazón, canta, non te cubras de tristura,
que un pano de fina tenda unha mancha disimula,
unha mancha disimula, ai lalelo, ai lalalo.

MANOELA 

A Manuela ten a culpa de que se quede sen forzas,
de día a cavar no monte, de noite a fregar na louza,
as cousas que hai que facer por mante-lo matrimonio,
a Manuela dille sempre: non fales de máis, Gregorio;
e manda carallo, que aguante ten, de día e de noite a face-lo ben,
se non ti xa sabes o que lle ten que face-la Manuela.
E manda carallo que aguante tes, comendo co porco e coa muller,
xa sabes Gregorio o que lle tes que facer a Manuela.

Cando lle visita a Pepa, a filla da fariñeira,
marchan sempre pró pallar e bota a man á perneira,
pero a Manuela xa sabe que a filla da fariñeira
é coxa e lle falta un dente e con eso vai calqueira
e manda carallo, …

Cando se casou con ela, tiña unha casa e dous porcos,
ela tiña moitos cartos, tamén un can que era chosco,
señor cura, por favor, os ten que divorciar,
non creo que aguante moito pois o quere escarallar,
e manda carallo, …

DONDE VÉS, MARÍA?

Maruxa se vas á herba, Maruxa non sexas tola,
mira que fai moito vento e lévache a herba toda,
e lévache a herba toda, ailalelo, ailalelo.

Donde vés, María, donde vés, María, veño da verdura,
que rico repolo ten o señor cura, ten o señor cura,
ten o señor cura debaixo da saia, donde vés, María, veño da ferraia.

Teño unha herba na horta que rebenta polo pé,
tamén a túa rebenta porque di o que non é,
porque di o que non é, alalelo, ailalelo.

Donde vés, María, donde vés, María, veño da verdura,
que rico repolo ten o señor cura, ten o señor cura,
ten o señor cura debaixo da saia, donde vés, María, veño da ferraia.


A DORNA 

Meu pai deixoume a dorniña, miña nai deixoume o mare, BIS
non tiña máis que deixarme nin eu teño máis que dare BIS

Non che teño, rapaza, outra cousa que dar 
máis que o peixe fresquiño que eu che traio do mar,
que eu che traio do mar, que eu che traio do mar, 
non che teño, rapaza, outra cousa que dar.

Teño unha lanchiña en Cangas que lle chaman a Manuela BIS
en toda a ría de Vigo non hai lancha coma ela BIS

Non che teño, rapaza, ...

San Hadrián é barqueiro, barqueiro é San Hadrián BIS
San Hadrián é barqueiro, que leva o trevo na man, BIS

Non che teño, rapaza, ...

Teño lanchas, teño redes, teño sardiñas no mar,
teño unha nena bonita, xa non quero traballar,
xa non quero traballar, xa non quero traballar, 
teño lanchas, teño redes, teño sardiñas no mar.


AS DE LAÍÑO 

Elas eran de Laíño, elas de Laíño son, BIS
collen o xunco na Braña, van vendelo a Padrón, BIS
aihelelo, aihelelo, aihelelo, aihelalo.

Como chove miudiño, como miudiño chove, BIS
pola banda de Laíño, pola banda de Lestrove, BIS
aihelelo, aihelelo, aihelelo, aihelalo.

Pasei pola túa porta, pedín auga e non ma deches, BIS 
vállame Deus, queridiña, que soberba te fixeches, BIS 
aihelelo, aihelelo, aihelelo, aihelalo.

Sempre estás voume que voume, xa te pudeches ter ido, BIS
se te foras hai un ano xa me tiñas esquecido, BIS 
aihelelo, aihelelo, aihelelo, aihelalo. 


EU PASEI POR VILARIÑO 

Eu pasei por Vilariño, por Vilariño cantando, ailá, ailá,
as mozas de Vilariño quedan no río berrando, aihelelo, aihelelo,
aihelelo, aihelelo, aihelelo, aihelelo, aihelelo, aihelelo, ailá.

Nena que estás na ventana coas puntas do pano fóra, ailá, ailá,
recólleas para dentro que o pano non enamora, aihelelo, aihelelo,
aihelelo, aihelelo, aihelelo, aihelelo, aihelelo, aihelelo, ailá.

Condenado de paxaro onde foi face-lo niño, ailá, ailá,
nunha gavela de toxos do Simón de Vilariño, aihelelo, aihelelo,
aihelelo, aihelelo, aihelelo, aihelelo, aihelelo, aihelelo, ailá.


EU PASEI O PORTONOVO 

Eu pasei o Portonovo cunha lanchiña motora, BIS
fun solteiro e vin casado, meu ben, mais valera que non fora BIS

Rapaciña se vas á beiriña do mar, non te fíes do vento mareiro 
que a lanchiña que vai pola ría pescar co ventiño pode naufragar BIS

O crego vendeu a burra por non lle da-la cebada, BIS
agora vai ós enterros, meu ben, dacabalo da criada BIS

Rapaciña se vas á beiriña do mar ...

Se queres que brille a lúa pecha os ollos, meu amore, BIS
que mentres os tes abertos, meu ben, a lúa pensa que hai sole BIS

Rapaciña se vas á beiriña do mar ...

TEÑO UNHA MOZA EN PADRÓN 

Teño unha moza en Padrón e tamén é pementeira,
cando vou vela de noite, ailailala, ládrame o can desde a eira.

Chegaron as pementeiras, hai alegría na praza,
vou ver se chegou con elas, ailailala, tamén a miña rapaza.

Heiche de roubar un bico, mira que cho hei de roubar,
ó carón da túa porta, ailailala, sen que me vexa o teu pai.


ERA O VIÑO 

O viño branco é meu primo, e o tinto é meu parente,
non hai sitio no meu corpo onde meu primo non entre.

Era o viño, miña nai, era o viño, era a cousa que eu máis desexaba,
somos morte, miña nai, somos morte, somos morte meu primo deixaba.

O meu curmán augardente pelexábase co leite,
meu albariño dourado, meu compañeiro de sempre.

Era o viño, miña nai ...

Coidado, bo guerrilleiro, contra a tristura tirana,
o meu amor do Ribeiro queimando as penas da ialma.

Era o viño, miña nai...


ALÁ VAI O GAITEIRO 

Bota viño do ribeiro, taberneiro bota viño, bota viño do Ribeiro,
que os de Vigo pra cantare temos que beber primeiro,
temos que beber primeiro, ailalelo, ailalalo.

Alá vai o gaiteiro por detrás do pinar, vai tocando unha gaita,
ai deixalo pasar, ai deixalo pasar, ai deixalo pasar,
alá vai o gaiteiro por detrás do pinar.

Sonche de moito palique, as rapaciñas da Guarda sonche de moito palique,
elas botan o anzuelo, quen queira picar que pique,
quen queira picar que pique, ailalelo, ailalalo.

Alá vai o gaiteiro ...

Ben se poden alabare, as rapaciñas da Guarda ben se poden alabare,
son bonitas e ben feitas, e salgadas como o mare,
e salgadas como o mare, ailalelo, ai lalalo.

Alá vai o gaiteiro ...

Pensando que te casabas, fixéche-la permantente,
pensando que te casabas, fixéche-la vinte veces
e quedache como estabas
e quedache como estabas, ailalelo, ailalalo.

Alá vai o gaiteiro ...

MARICA SE VAS Ó RÍO LAVAR 

Marica se vas ó río a lavar, non bata-la roupa que a podes rachar, 
que a podes rachar, que a podes tender, Marica se vas ó río a beber.

Non chas quero, non chas quero, castañas do teu magosto,
non chas quero, non chas quero, que me cheiran ó chamosco,
que me cheiran ó chamosco, alalelo, ailalalo.


Marica se vas ó río a lavar ...

Que ben baila, que ben baila, a da chaqueta redonda,
moito mellor bailaría se tivera máis longa,
se a tiver máis longa, ailalelo, ailalalo.

Marica se vas ó río a lavar ...

Non chas quero, non chas quero, nabizas do teu nabal,
non chas quero, non chas quero, que me poden facer mal,
que me poden facer mal, alalelo, ailalalo.

Marica se vas ó río a lavar ...

Que ben baila, que ben baila, a do zapato baixiño,
que ben baila, que ben baila, ai na beira do camiño,
ai na beira do camiño, ailalelo, ailalalo.

Marica se vas ó río a lavar ...



1 comentario:

  1. http://www.youtube.com/watch?v=7aBYA_S3zEM faltaban dos grandes cantos a Galicia.
    http://www.youtube.com/watch?v=FEIjKhzu-gg

    ResponderEliminar